Comentario de Ana Colmeiro Corral
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Trátase
dun libro que me gustou pero que me desconcertou un pouco.
Aínda
non sei moi ben se Vera é boa ou non, xa que lle dicía a Niki que a
conversa que oíra tiña relación coa comida pero en realidade
parecía que falaba dela.
O
personaxe que máis me gustou foi Niki, pola súa valentía.
Pareceume
bastante salientable o rencor que lle gardou Víctor durante tantos
anos a Galean. E tamén me pareceu moi forte que os pais de Víctor
non o quixeran só por non ser igual que os demais, cousa que ademais
foi culpa da súa vaidosa nai. Xa que tanto quixo o neno á súa nai
que durante todo o tempo que estivo ela na súa burbulla, o seu fillo
foi vela todos os días, acompañala mentres que ela nin sequera se
dignaba a miralo. Iso deume bastante pena.
Ben,
é un libro moi imaxinativo e fantástico, de acordo cos meus gustos
e por tanto gustoume.
Sen comentarios
Publicar un comentario