ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/11/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Nuno Filipe       



Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia




Ao meu parecer o libro “Bágoa de Lúa” é un libro moi interesante, a min gústanme os libros de aventuras e con este libro a autora, consegue que o lector imaxine o que está pasando. Tamén consegue que o lector non poida parar de ler, e cando chegue ao final queira ler o seguinte, ou polo menos se imaxine o que puido pasar xa que ten un final moi aberto.
A linguaxe de este libro enténdese moi ben,  conta dúas historias, unha delas é a viaxe de Berenguela e Güenaela ata o páramo de Ethual para coñecer ao meigo Elekva, e a outra é a historia dos herdeiros da familia de Gheiroez no seu intento de destruír a pedra de lúa. No momento no que cambia dunha historia a outra paréceme un pouco confuso, xa que aínda que falan de historias sobre o mesmo tema, son moi distintas.
 

Sen comentarios