Comentario de Juan Ares Pérez
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia
Un libro: Bágoa de Lúa, a primeira obra da triloxía As Crónicas de
Landereina. Dúas palabras que o describan: máxico, intenso, fantástico,
impactante... Vale , está ben, paseime, pero é imposible
describir este libro en tan só dúas palabras. A verdade é que o principio
da historia non me convenceu moito, o que fixo que abandonara o libro algún que
outro día. Ademais, o cambio de historias que fai custa bastante entendelo,
pero despois vaste adaptando, encaixando cada palabra na túa cabeza, cada
parágrafo na túa mente, cada páxina vaise metendo pouco a pouco no teu
interior; o que fai que te olvides de todo, que ignores o teu arredor e o que non
ten que ver co relato, e concéntraste única e exclusivamente na lectura.
Este
libro podo chamalo como eu ben diría unha desorde ben organizada. A historia dos
Gheiroez, o control absoluto dos kaihunn gobernados pola traidora, a morte de
Siastia e de Güen, o libro de Sirvian no que revela os segredos da Pedra de
Lúa, o bosque de Etlual, o poboado dos elfos... Todo forma parte dunha
apaixonante historia na que unha nena chamada Berenguela se vai facendo cada
vez máis forte e menos nena, coa axuda da súa nova amiga Güenaela, que se
mostra en todo momento fría e seria, pero que en realidade é un belísima persoa
capaz de sorrir nos peores momentos.
Por todo isto, e por moitas máis cousas que descubrirás se les o libro, eu
persoalmente recoméndollo a calquera persoa, animal, planta ou mesmo
alieníxena que lle guste o xénero fantástico, aventureiro, ou incluso
misterioso; pero sobre todo recoméndollo as persoas que queiran deixar a un
lado por un tempo a realidade e verse metidas noutro mundo diferente no
que ti non es o protagonista pero disfrutas ou sufres como se o forses.
Sen comentarios
Publicar un comentario