Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
A verdade é
que non me gusta demasiado ler e cando vin o grosor de Ámote Leo A, impactoume
moito! É certo que non conseguiu engancharme porque non é un xénero que me
atraia, pero si que houbo moitas cousas que me gustaron. Teño que confesar que
antes de comezar o libro e nas primeiras páxinas pensei que Leo era un rapaz e
non unha rapaza. Se hai algo que deba destacar é a maneira de escribir de Rosa
Aneiros, gustoume moito. Paréceme que o fai dunha forma moi clara e precisa.
Para min o mellor momento foi esa especie de "romance" que houbo
entre Leo e Andrés. A súa forma de exteriorizar serviume para ver que non
sempre te podes fiar de calquera persoa ao 100%, sexa quen sexa.
Impresionoume
a iniciativa que ten a protagonista para lograr cumprir o seu soño a pesar de
que os seus amigos a deixaran tirada, de que súa nai non estaba de todo de
acordo, de que todos os seus coñecidos tiraban máis para atrás que para
diante... Leo é unha rapaza medio independente que non lle importa andar soa
polo mundo e demostrou saber defenderse. Resultoume abraiante a súa
responsabilidade. Non lle supuxo ningún problema ter que durmir nunha pensión
de mala morte con corenta mulleres máis na mesma habitación, como é a pensión
de Clotilde. Algo que Rosa Aneiros me fixo pensar moito é que podes lograr
calquera cousa que te propoñas, sempre que queiras.
Quedei
intrigada coas pintadas que poñían "Ámote Leo A" e tamén con esa
"A" que pensei que ao final do libro revelaría.
Agradoume
moito saber que estaba a ler un libro nun entorno tan actual, co uso do
twitter, do skype ou mesmo dos correos electrónicos.
Sen dúbida
recomendaría este libro porque a pesar de que a min non conseguise engancharme
si que me fixo reflexionar sobre moitas cousas. Por exemplo, na ignorancia que
podemos ter ás veces as persoas fiándonos de quen non debemos ou, simplemente
que, querer, é poder.
Sen comentarios
Publicar un comentario