ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/11/13

Todos somos

Comentario de Anán Ares González


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais




Este libro mostra un punto de vista extraordinario sobre os acosos , abusos... dado que trata dunha rapaza que é secuestrada. 
Cousas que non me gustaron deste libro, por exemplo, que ao principio fai como un xogo de historias dun rapaz amigo da secuestrada, unha policía e unha presentadora de televisión, que penso que ao longo do tempo acostuma pero que ao principio pode causar unha mala impresión. 
Tampouco me gustou o final, dado que non deixa moi clara o que lle pasa á rapaza. Exceptuando iso é un bo libro acerca deste xénero, absolutamente recomendable.
 

Sen comentarios