ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/13

Ámote Leo A.

Comentario de Alberto Fariña Toimil

 
 
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
  
 
 
Dende o comezo, dende a primeira palabra,o libro Ámote Leo A., sinxelamente, encantoume. Principalmente encantáronme dúas cousas do libro: a forma que escolleu a autora de escribilo, mesturando o pasado e o presente, facendo unha especie de flashbacks, que nas primeiras páxinas me resultaron un pouco complexos, pero pronto me acostumei a eles e gustáronme moito. E a segunda cousa é a historia que conta o libro; Leo tiña un plan que era marchar de viaxe con 3 amigos ao acabar os estudos, pero antes de marchar os seus amigos bótanse atrás e Leo decide marchar ela soa, a historia encántame por iso, por esa valentía que mostra Leo ao marchar soa 6 meses e porque eu tamén comparto ese soño con Leo, o cal espero cumprir algún día.
Ámote Leo A. enganchoume dende o principio, supoño que pola intriga de que vai pasar no capítulo seguinte, o que facía que cando empezaba a ler me custase despois parar. Tamén saco unha cousa positiva do libro, xa que aprendín cousas das cidades polas que pasa Leo. Quedei moi intrigado coa mensaxe "Ámote leo A." que supoño que Rosa Aneiros nos descubrirá nos seguintes títulos da triloxía e que agardarei impaciente.
E a gran pregunta, eu recomendaría este libro? Pois claro que si, recomendaríao a todas esas persoas que como a min lles guste viaxar, ou viaxaran as cidades das que fala o libro xa no libro e descubrirán outro punto de vista desas cidades, moi afastado do que vemos cando as visitamos, xa que non se mostra o punto de vista consumista que vemos cando viaxamos a cidades turísticas. 

Sen comentarios