ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/13

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia




Este libro é fermoso. Que un rapaz, con dezaseis anos xa teña contados os días por mor do cancro é moi duro. Que tivera que esperar tantos anos para poder ir a concertos, ter coche… E agora dánlle a mala noticia de que vai morrer.
 Os pais, divorciados, intentan que Nils sexa feliz nos últimos momentos de vida, pero el non sabe que facer. Séntese agobiado porque o que leva esperando estes dezaseis anos non o vai poder cumprir. O de visitar a súa irmá en EE.UU, o de ter piso propio, nada se vai facer realidade. Iso si, ten que pensar se ir vivir os seus últimos días co pai ou coa nai. Pero prefire quedar no hospital, xa que coñeceu ao seu primeiro amor: Helene; unha rapaza con cancro, pero á que lle quedan menos días cá el.
 Sofre moito, xa que non quere expresar os seus sentimentos con ninguén. Supoño que nalgúns momentos da vida a todos lles pasa.
 Mentres está no hospital “gozando” dos seus últimos días, vai a un concerto con Helene, e mándalle correos a súa irmá contándolle como van as cousas. 

Eu cría que súa irmá viría de Estados Unidos á casa para que Nils non morrese só, pero non, por desgraza, non conta como foi a súa morte. Porén, conta que o seu primeiro amor, Helene, morre antes ca el.
Recomendaría este libro antes ca ningún, xa que ler tanta tristura e tantos sentimentos con bágoas nos ollos foi do mellor.
 


Sen comentarios