Ámote Leo A. foi un libro que dende o comezo pensei que non me ía gustar, pero
cando se di o de "non xulgues un libro pola portada" boa razón levan.
Os primeiros capitulos xa me empezaron a enganchar bastante polo tema da
organizacion da viaxe, os problemas coa familia, cos amigos, son temas que, a
min polo menos, resúltanme bastante familiares. Pero cando de verdade me
enganchei foi cando o seu amigo a fora a despedir ao aeroporto e ela xa
marchara pensando que a abandonaran completamente, dende aí devorei as páxinas
coma se de comida se tratase.
Ademais, este libro ten algo moi especial, o
detalle da descrición, cada parada, cada situación estaban descritas cunha
precisión equivalente a unha imaxe, iso faino un libro moi recomendable de ler.
Ruth e cía foi a guinda do pastel, Leo estaba soa sen saber a onde ir e
arrepentíndose da viaxe, foi entón cando os atopou e se uneu formando unha
especie de familia, unha familia con diferentes opinións e maneiras de pensar,
en conxunto era perfecta, pero por separado sempre había algunha que outra
liorta, ben se demostrou nos capítulos de Granada.
E no Cairo cando quixo
visitar as pirámides, o atasco ese, gustaríame que tivese sido unha revolta, ao
meu parecer daríalle máis vida a esa parte pero... para gustos cores!
O único
que lamento é que os seguintes libros da triloxía aínda non se publicasen, así
que esperarei ata que saia o resto da triloxía.

Sen comentarios
Publicar un comentario