O libro gustoume bastante, foi un libro entretido e que cando comezas a lelo ten ese punto de intriga, de querer saber o que sucederá nos seguintes capítulos.
Conta a historia dunha rapaza chamada Calpurnia pero á que todos chaman Callie. Ten once anos e seis irmáns. Vive nunha época na que as mulleres se deben dedicar ao coidado da casa e da familia, pero a ela o que lle gusta realmente é explorar e aprender novas cousas.
Callie ten unha imaxe misteriosa do seu avó, pero forman unha relación moi estreita, ela axúdalle ao avó no laboratorio e entre os dous intentan descubrir novas cousas.
Unha lectura apaixoante sobre unha unha vida de muller apaixoante.
Sen comentarios
Publicar un comentario