ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/11/13

Morgún



Comentario de David Cabaleiro


Morgún        
Suso de Toro
Xerais


…“O que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo”…
Quen ía imaxinar que algún día a profecía se faría realidade? Quen ía imaxinar que se pode ser ao mesmo tempo rapaz, rapaza e lobo? Quen ía imaxinar que aquel meniño que unha familia atopou só na lagoa era en realidade o rei Brath, que pereceu baixo o resplandor da espada do seu propio fillo?
Pois agora, baixo a aparencia dunha arroutada e salvaxe moza, regresa en busca de vinganza.

Pareceume un libro moi interesante, pero á vez un tanto enigmático. De feito, logrou dividirme en dous:  
 - Por unha parte gustoume, como o faría calquera libro sobre Galicia: torques, castros e lendas. Era moi orixinal en canto aos nomes e tiña unha trama moi fantástica...                        
 - Pero por outra parte pareceume un tanto aburrido. Non sei o porqué, pero non logrou engaiolarme dende o principio coma outros libros, e custoume rematar a lectura.

Recoméndolle o libro a aqueles que queiran pasar directamente á acción, pois é moi espontáneo en canto aos acontecementos, non dá moitos detalles sobre os personaxes, e os que dá fan máis desconcertante o relato. Aínda que tamén hai que ter en conta que é un libro antigo adaptado ao galego actual.

Sen comentarios