Comentario de Patricia Lázara Framiñán
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Este libro de Xosé Fernández Ferreiro cóntanos a historia de como
fusilan a balazos a Gregorio e mais á súa muller Sara. Todo isto aconteceu na
vila de Abades, en agosto do 36 pouco despois de iniciar a guerra.
Gregorio nace en Abades, pertence á familia dos Xirandóns que destaca
por ser roxos e herexes. Estuda para mestre pero bota moito tempo traballando
noutras vilas antes de ir exercer a Abades despois de que se xubilase o antigo
mestre. Sara sempre fora unha muller fermosa e todos os homes querían casar con
ela pero só tiña ollos para Gregorio, cando sacou o título de mestra foi
traballar a Abades dende o principio. Pouco despois de que Gregorio regresase á
vila, casaron e foron vivir xuntos.
Manuel era o fillo do Garabís, una familia que se calificaba como
"xente ruín", sempre estivera namorado de Sara e mesmo dicía que ían
casar, pero o Garavís adiantóuselle e isto fai que lle garde un gran rencor.
Pertence ós falanxistas (mais ben é o cabecilla do grupo) que teñen como labor
"darlle o paseo" a todos aqueles herexes.
O libro comeza contando como os veciños de Abades acoden á Touza un día
despois de oír os seis disparos que enchen a todos de espanto. Ao chegar, ven a
Sara espida, atada a unha árbore e cosida a balazos. Preto do cruceiro do Bispo
atoparon o corpo de Gregorio con un tiro e coas súas partes cortadas e metidas
na boca. A partir de aí, comézase a contar a historia unhas semanas antes, por
parte dun narrador interno que di ser un veciño da vila.
Para o meu gusto foi un libro cheo de dor, paréceme incríble que Manuel, a
pesar de amar a Sara, ten o valor de apresala e atala á forza a unha
árbore durante cinco días baixo o sol abrasador de agosto, e só para que
Gregorio (que previamente escapara á serra para poñerse a salvo) se lle
entragase e poder matalo. Sinceramente pensei que, a pesar de que ao principio
do libro describe como atoparon a Sara, acabaría por perdoarlle a vida despois
de saber que estaba embarazada de Gregorio, pero non foi así.
Recomendaríalle este libro a todas as persoas que lles guste saber o final
antes de ler toda a historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario