ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/13

O señor Ibrahim

Comentario de Lucía Silva



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K



Este é un libro curto, pero cheo de significado. Gustoume a pesar de que ao principio non comprendía ben o argumento, pero a medida que ía lendo funme dando conta de que trata a integración racial e o abandono que sente Moisés co desprezo do seu pai e o abandono da súa nai cando era pequeno.
Chamoume bastante o tema da rúa Paraíso, xa que el aínda era un neno cando foi por primeira vez.
O señor Ibrahim convértese nun pai para Moisés. Ensináballe leccións vitais e dáballe consellos prácticos para afrontar a vida.

Sen comentarios