Comentario de Uxía Mosquera Castro
As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Este libro enganchoume dende o primeiro momento, xa empezou
cunha morte e non podía parar de lelo coa intriga a que me levaba todo isto,
canto máis lía máis quería descubrir.
Unhas das cousas máis curiosas deste libro é que ocorra en
Galicia xa que normalmente este tipo de aventuras e misterios adóitanos
proxectar en lugares máis tráxicos e en cidades grandes.
O libro gustoume moito e foime fácil de ler, pensei que me
ía levar máis tempo acabalo pero ao ter tanta intriga e o che gustar pois non
che rinde tanto. Recoméndollo a todas as persoas que queiran un libro de
misterios e intriga xa que este é un deles.
1 comentario:
O libro gustoume debido aos diferentes crimes e misterios que nos comparten os protagonistas do libro, non entedin ben o libro ao principio pero logo cando xa me aclarei gustoume moito o argumento e como están creados as personaxes e a funcion que fan. O libro é adictivo porque unha vez que te sumerxes na lectura non podes deixar de ler.é un libro que merece a pena sobre todo para aquelas persoas ás que lles guste o misterio.
Publicar un comentario