ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/13

As sete mortes

Comentario de Bea Ferradás




As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia



Encantoume este libro porque é de misterio e dunha realidade paralela aínda que ambientada na Galicia antiga. O libro engancha realmente, eu lino nunha tarde.
Os xogos co número 7, que os protagonistas sexan cada un dunha das sete provincias e sobre todo que estea ambientado en lugares que coñecemos faino realmente especial.
Gustoume moito coñecer ao autor e sorprendeu moito a súa creatividade xa que foi capaz de tecer unha historia tan entretida partindo da realidade.

1 comentario:

Rubén Cacheda Guzmán dixo...

Este libro é sinxelo de ler, e bastante agradable a súa lectura. Ten intriga constante e ademais diso a historia transcorre en Galicia, un punto a favor para lelo.