ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/13

A esmorga

Comentario de Antía Iglesias

A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia





Lin este libro haberá xa dúas semanas, pero algúns dos seus acontecementos máis repulsivos seguen vixentes na miña cabeza. Non entendo cal é o gusto que sente un home ao violar unha muller, todo o dano que lle fai e as consecuencias que pode traer. Cando estaba a ler esta parte, sabía que tiña que seguir para rematar o libro, pero non evitaba pensar en mulleres que nos seus días teñen aparecido en noticias.
 Cibrán comeza a contarlle ao xuíz todo o que fixeron el máis os seus amigos cando andaban de "esmorga". O coraxe que sentiron cando souberon que a moza fermosa do pazo era unha boneca, xa que eles ian a busca dunha muller de verdade que non fose unha prostituta. Cando lle prenderon lume ao pazo dun pariente dun dos amigos de Cibrán e como estes acabaron morrendo despois de cometer tantas desgrazas.
 Foi un relato moi entretido, gústanme as novelas dunha soa historia, pero, que á vez narren varias.

Sen comentarios