ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Alberto Cerdeira



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K


Este libro tiroume un sorriso dende o inicio cando o rapaz foi ás putas. Foime moi sinxelo de ler e os meus sentimentos durante a lectura foron variando. Deume bastante pena o racismo existente contra o xudeu, que é algo que está moi presente: existe, por exemplo, o estereotipo do rumano ladrón, cando isto non debería ser así; as persoas son boas ou malas independentemente da raza, a bondade ou maldade non vai nos xens.
Despois, co achegamento entre Ibrahim e o xudeu, sentín unha sensación de tenrura, pese a que este achegamento entre xudeus e árabes sexa a día de hoxe algo utópico, é un canto á adaptación e respecto entre culturas e relixións, e demóstranos que ao final o único importante non son os cartos nin os coñecementos, é ser boa persoa.

Sen comentarios