Comentario de Martina Domínguez
O diario vermello de Flanagan
Andreu Martin - Jaume Ribera
Galaxia
Tan pronto acabei de ler "O diario vermello de Carlota" comecei
a buscar "O diario vermello de Flanagan" xa que supoñía
que me ía gustar.
O que me pasou con este libro é que volve contar a historia que eu xa lera pero, claro está, dende o punto de vista de Flanagan. E iso, á vez que foi un defecto foi unha virtude porque é interesante ver como as mesmas situacións vividas por dúas personaxes o interpretan, o senten e o narran de forma tan diferente. Isto foi un dos motivos de que me gustase e lese rapidamente o libro.
Outras cousas que tamén me encantaron foron:
- Flanagan. Pareceume un rapaz exemplar; xusto, intelixente, sen medo de mostrar os seus sentimentos, respectuoso, educado, divertido e bo. Gustoume moito o diario que fixo.
- Os temas a tratar no libro. Hai alguns que son comúns ao libro "O diario vermello de Carlota" como as ETS, os anticonceptivos, os embarazos... pero outros son distintos ou explican máis. Por exemplo aquí trataron máis o tema homosexualidade. O cal me gustou moito porque creo que a día de hoxe en xente nova aínda hai moito rexeitamento hacia eles.

Respecto a isto hai uns fragmentos que me encantaron como:
"Estadísticas din que o 10% das persoas son homosexuais. A quen lle
importa? Acaso as minorías están prohibidas?"
"Se agora dicimos que os homosexuais son todos bos, non viciosos, etc
estamos a recoñecer que a situación non esta normalizada. Xa que se así fora a
quen lle importaría que Oscar Wilde foi homosexual? Por que non ten logo
interese se a Camilo José Cela lle gustaban máis as felacións ou os
cunnilinguos? Ben, tamén son costumes sexuais"
- A evolucion de Flanagan desde que coñeceu a Carlota. Aprendeu moitas cousas, sufriu, namorouse, mantivo as suas primeiras relacións sexuais... Era moi fácil pórse na súa pel e entendelo.

Ben, só me queda dicir que "O diario vermello de Flanagan"
é un gran libro que recomendo a todos os públicos, xa que pode ensinar e
informar sobre moitas cousas. Algunhas xa as sabrán pero outras poden ser moi
útiles e prácticas. Así que... comprádeo ou "alquiládeo" xa!
Sen comentarios
Publicar un comentario