Comentario de Flor Agión
Cousas
Castelao
Galaxia
É un libro composto por 45 relatos breves, escritos de forma sinxela e moi
fáciles de ler.
Está cheo de historias que poden pasar na realidade... na nosa vila, na miña
casa, a miña nai, ó meu pai e ata a min. Cheas de tenrura, amor e
sensibilidade; pero á vez moi cribles, en cada historia pasa unha cousa
diferente.
Se ben reflicte os problemas que había na Galiza de hai case un século, estes problemas son parecidos aos de hoxe en día.
Fálanos da pobreza de quen non ten para alimentar a súa familia, como en
"O Fifante", a emigración en "O pai de Migueliño", o
casar por conveniencia en "O fillo de Rosendo", o desamor en
"A ponte vella" ou a tristura pola morte dos nosos seres queridos,
como en "Dous vellos que tamén tiveron mocedade" ou "Todos
cantos sabían algo da hestoria da vila".
Sen comentarios
Publicar un comentario