ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de María Rey


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




Non é o típico libro que adoite ler nin o que eu mercaría de boas a primeiras, de feito comezalo a ler foime tremendamente complicado, pero conforme ía pasando a historia foime gustando. As descricións tan detalladas ao longo do libro fixeron que me metera máis en cada unha das historias e que as vivise con máis empatía.
Gustoume especialmente o final, distinto a o que podía imaxinar e a todo o que lera ata o momento.
As historias son todas distintas, aínda que todas nos dan para reflexionar, e creo recordar que en cada historia aparecen personaxes doutras historias.
En definitiva, non é un libro que eu lera por propia iniciativa, non é o libro que me cativara, pero de cada libro podemos sacar reflexións e aprender do que nos contan os autores, que nunca está de máis. Só por iso alégrome de habelo lido.

Sen comentarios