Comentario de Ana Castro

Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais
Un dedo manchado de tinta, escrito por Manuel Portas, recolle seis historias
diferentes, pero todas con algo en común. Ese algo poderíase dicir que é que en cada
historia pasan os personaxes das demais e todas suceden na coñecida cidade de Santiago.
Todas as historias están feitas coa intención de reflexar as diversas
desigualdades sociais que forman este mundo no que vivimos. Non obstante, podemos decir
que o duro da emigración é ser capaz de ir na procura de algo mellor, deixando
atrás todos aqueles recordos dos cales ti eras o principal protagonista. Porén,
podémonos
facer unha idea do difícil que ten que ser ir ao cárcere por culpa de
pertencer a unha
clase social na cal as inxustizas predominan cada vez máis e máis. Pero,
sen dúbida
ningunha, outro dos temas reflexados nesta novela é a corrupción, si, si, esa
corrupción
que agora invade as nosas vidas, porque todos os días aparecen novos casos
reflexados
nos xornais, programas de radio ou mesmo nos telexornais. Unha corrupción
con moitos
implicados, salpicados así, por un pequeno punto negro que cada vez que te
achegas a el
convértese nunha gran mancha escura que afonda nunha profunda desilusión.
Sen comentarios
Publicar un comentario