Comentario de Uxía Mosquera Castro

Makinaria
Carlos Negro
Xerais
Este libro non me gustou moito,
porque non é o tipo de libros que habituo ler, aínda así o contido pareceume
que ten unas intencións moi boas para os adolescentes, para ensinarlles os
problemas da vida cotiá. Os temas máis destacados son as saídas polas noites, a
bebida, o alcohol e o que pode pasar se conduces despois dun día de festa.
Os cinco poemas "061, Autopista,
Mamá Carme, Nota necrolóxica e Chatarra" parecéronme os máis duros, porque
expresan a realidade tal como é, a diversión, a euforia, o coche novo e por
último a chamada a casa.
Recomendaría este libro ós
adolescentes de hoxe en día que só pensan en pasalo ben e o final poden acabar
ca súa vida e coas dos demais.
Sen comentarios
Publicar un comentario