ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/01/13

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Ana Colmeiro Corral


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando Cimadevila
Urco


Deste libro o que máis me gustou foi a imaxinación que tiveron os autores para describir uns lugares e uns personaxes tan bos.
Ao principio parecíame que era moi fantasioso. Incluso demasiado. Pero ao acabar de lelo crin que era, sinxelamente, perfecto. Deume moita mágoa rematar de lelo!
Ás veces tiña que volver atrás e mirar algún nome porque non me acordaba del porque son algo estraños.
Pareceume un libro fácil de ler (sen palabras complicadas coma noutros libros que tes que andar mirando o dicionario seguido) e moi divertido e entretido para o meu gusto.
Peter e Basilius foron os personaxes que máis me gustaron, pola súa astucia, intelixencia e sentido do humor, aínda que Rivka tamén me gustou moito.
Quedei coa curiosidade de como acabaría Iskiel a súa travesía, e de como sería a vida de Peter na casa de Basilius, xa que agardamos por unha segunda parte. Algo que espero con ansia!!!

Sen comentarios