Comentario de Martina Domínguez Rodríguez
Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais
O libro gustoume aínda que a
verdade esperabame máis del.
Pouco tardei en lelo porque é ameno. Pero paréceme que narra poucos e lentos sucesos polo que ás
veces fíxoseme aburrido.
Emocionoume a historia do
Moncho, o tío de Sara, e Sara Salgueiro. Á vez que me deu pena que non rematasen
xuntos. Tamén apreciei a cativadora forma de narrar os feitos de Sara, a
protagonista, contando como se sentía cando notaba a presenza do que ela cría
o espírito do seu tío Ramón e como foi averiguando e encontrando as cousas
deste.
Creo que o mellor deste libro é a
vista que ofrece sobre os abusos, a inxustiza e o sufrimento que tivo que
experimentar a xente na Guerra Civil Española.
E, sen dúbida agradezo que houbese
o romance de Sara e Daniel xa que espertou interese en min para seguir lendo.
Dicir por último que o final
quizais me desgustou porque era moi esperado. Pero, a pesares diso, recomendo
"Noite de voraces sombras".
Sen comentarios
Publicar un comentario