Comentario de Ana Colmeiro Corral
O novo diario dun xove maniático
Aidan MacFarlane. Ann McPherson
Xerais
O libro é interesante sobre todo para xente da nosa idade xa que reflicte con exactitude as vivencias da adolescencia.
Haberá quen diga que é esaxerado, que pola cabeza dun adolescente non pasan esas cousas. Mentira! Tampouco son os anos máis felices da vida, como din todos, xa que é unha época moi difícil de levar. E iso transmítese moi ben no libro.
Na adolescencia fálsade pouco dalgúns problemas como o sexo, as drogas e o alcol, pero no libro fálase sen censura.
Resultoume un pouco lento de ler, pero gustoume moito. Lento porque falaba de moitas enfermidades e poñía incluso artigos que lía Pete e a min gústanme máis as lecturas fantásticas ou de corte policíaco.
Gustoume moito, coma todos os libros que lin desta colección. Sen chegar a ser o meu preferido!
Sen comentarios
Publicar un comentario