Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais
Cando empecei a ler o libro pensei que sería doutra maneira. Que non me gustaría tanto. Pero principieino e engaioloume de tal xeito que non me daba librado del.
Pareceume moi fantástico e á vez real. Deume mágoa rematalo tan pronto.
Dende o primeiro momento deume a impresión de estar en Vilamaior e vivir as vivencias de Adrián e Xabier.
O que me pareceu máis bonito do libro foi o misterio que foi encubrindo a casa de Doroña, a enmeigada. Pareceume irreal que puxera nun periódico o da casa enmeigada e pensei que fora unha das cousas que inventara o autor, pero cando despois lin que fora unha cousa real quedei pampa.
O que menos me gustou foi ese final tan aberto e que deixase tanto pracer á imaxinación porque podería encher un folio coas preguntas que me quedaron. Por outra parte o final aberto paréceme ben porque é verdade que cada un maxina o seu propio final.
Así que teño que dicir que esta lectura foi unha moi boa escolla.
Sen comentarios
Publicar un comentario