Comentario de Noelia Amigo Peón
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
Comecei a ler este libro a principios de outubro. Debo admitir que o fun deixando a un lado xa que só lera as primeiras follas e non me gustaba. Pero agora no nadal volvín a retomar a súa lectura: en tres días remateino e resulta que pasa a ser un dos meus libros favoritos. Gustoume moito, non dende o principio pero si desde que comeza a historia de amor.
É unha historia que vai contando o día a día de cada un dos protagonistas, o seu pasado e o posible futuro.
Sen comentarios
Publicar un comentario