Comentario de Ana Colmeiro Corral
Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais
Cando lin o título por primeira vez, pensei que era un libro dos que dan medo pero ao rematar deime conta de que este é o exemplo perfecto de que as aparencias enganan.
Para o meu gusto, é precioso. Achega diversos temas, como o amor adolescente, a amizade e mesmo un pouco de misterio.
Gustoume moito o final, o saber que era un anel... E gustoume como van recollendo pistas, para chegar á conclusión final.
A verdade é que non houbo nada que non me gustase do libro.
Despois de ler "Cartas de inverno" e este, penso ler máis libros de Agustín Fernández Paz, porque me encantan!
Sen comentarios
Publicar un comentario