ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/12

Un nome de Dicionario

Comentario de Alba Moreira Suárez

Un nome de Dicionario
Amélie Nothhomb
Galaxia


Esta é unha historia dramática, chea de amores estraños, amizades admirables e con moita relación coa morte. Con personaxes complexos que fan experimentar sensacións de desacougo, angustia e admiración á par.
A protagonista é unha rapaza que non encaixa moi ben na sociedade na que vive, só a súa nai parece comprendela e apoiala en todo o que fai e nas decisións que toma.
Vai medrando e decide entrar nunha escola de danza na que descobre un mundo totalmente diferente que a leva a enfermar, e con ela a súa nai, que cambia totalmente de forma de ser con ela, pasa de querela incondicionalmente a simplemente rexeitala.
A protagonista é un gran exemplo de superación aínda que sexa moi complicado entender o que fai ás veces.
A min particularmente non me gustou moito este libro, pareceume moi desconcertante, algo brusco e moi tráxico.

Sen comentarios