Comentario de Alba Moreira Suárez
O diario violeta de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
Ata o de agora nunca lera un libro que reflectise tanto as inxustizas de xénero que se fan cara ás mulleres. Este libro fíxome ver que aínda agora, que legalmente hai unha igualdade para os dous xéneros, non é así socialmente.
As situacións cotiás ás que este libro fai referencia son do máis normal, e parecen totalmente igualitarias, pero non o son.
Que se prefira un fillo a unha filla, que só as mulleres se ocupen das tarefas da casa, que os homes teñan máis improtancia á hora de ocupar certos postos de traballo, que sexan eles os que dicten as normas a seguir... e así centos de accións ás que nos acostumamos e non nos parecen machistas, pero si o son.
Recomendo este libro, claro que si, animo a todas e a todos a lelo, tanto aos rapaces que sexan partidarios do feminismo como aos que non, para que vexan o inxusto que é para as rapazas e mulleres hoxe en día compaxinar traballo, fogar e tarefas en xeral. E para esas rapazas que pensan que agora non hai machismo e se dean conta de que si o segue habendo, e sobre todo que observen o infravaloradas que estamos.
Sen comentarios
Publicar un comentario