ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/12

Un nome de Dicionario

Comentario de Noelia Amigo Peón



Un nome de Dicionario
Amélie Nothhomb
Galaxia


Empecei a ler este libro con bastante ánimo, pensei que ía ser un deses libros que che impactan. Tan equivocada non estaba, impactar impactoume no momento da morte dos pais. Como súa tía se ilusiona cada vez máis coa meniña. Seguín lendo e pensei que o peor xa pasara, pero equivoqueime, é horrible como súa tía a trata despois de todo, como lle bota en cara que pese corenta quilos e que nunca máis poderá bailar.
O que me gustou deste libro foi ver como a rapaza se dá conta de qué era o mellor e qué era o peor. Admirei moito a súa forza de vontade cando non tiña a ninguén.
O final, para variar, gustoume a medias, a parte na que se topa con Mathias foi moi bonita, pero que matase a... xa non me gustou tanto.

Sen comentarios