Comentario de Noelia Amigo Peón
Aire Negro
Agustín Fernández Paz
Xerais
Empecei a ler este libro o pasado xoves, xa que aparte de telo pola casa era un dos propostos pola profesora.
Comecei lendo o resumo, pensando que sería outro libro máis que non me gustaría, pero equivoqueime ata certo punto. Enganchoume no sentido de que eu tamén quería saber que é o que lle pasaba a Laura, sendo escritora e que só escribise o seu nome non era moi normal, e que estivese encerrada tampouco.
Todo foi ben ata o final, porque os finais abertos non me gustan, pero este debo admitir que tampouco me disgustou demasiado.
Recomendo este libro a toda aquela xente que lle guste o misterio e que crea nas supersticións e nos mitos.
Sen comentarios
Publicar un comentario