ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/12

O cazador de estrelas


Comentario de Manuel Fernández Cuíña


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives




Este libro non me gustou moito, xa que me pareceu un deses libros aburridos e rutinarios, o cal se me fixo eterno. Aínda que tamén ensina cousas como por exemplo cómo é a sociedade no Sáhara e tamén como un neno enfermo alonga a súa enfermidade porque no fondo lle gusta como o coidan cando está mal, e o exemplo de superación que demostra Jamida ao ser un vello cego moi sabio. 
O único que me gustou do libro foi o final aberto no que deixou bastantes preguntas sen resposta. Por outro lado, foi un libro bastante fácil de ler aínda que os nomes e algunhas expresións árabes dificultaban un pouquiño a súa lectura. 
En resumo, que espero que o próximo libro sexa mellor ca este.
 

Sen comentarios