Comentario de Andrea Meijomín
Makinaria
Carlos Negro
Xerais
O libro gustoume aínda que trata dun tema moi triste. É deprimente pensar na
cantidade de xoves que saen de festa cada fin de semana a pasalo ben e non
volven, e iso é no que che fai pensar o libro. Pensamos que somos
"invencibles" ata que nos pasa algo así ou vemos a alguén que o
sofre.
Recoméndoo, porque ao mellor se todos fosen conscientes do que pode pasar ao saír á estrada se nos cremos inmortais, non habería tantas desgrazas. Ademais está escrito como fala unha gran parte da xente da nosa idade.

Sen comentarios
Publicar un comentario