ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/12

Comedia Bífida


Comentario de José Manuel Vila Fondevila


Comedia Bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia



 Nunca lera unha obra de teatro e a verdade é que me sorprendeu.
 O tema das discrepancias entre falar o galego ou o castelán dentro do territorio de Galicia é un tema moi interesante. Persoalmente penso como o autor, se es galego debes falar e defender a túa lingua como os cataláns fan coa súa.
En resumo, libro bonito e entretido que fala sobre un tema que non interesa a todos os galegos. Recoméndollo a calquera que, coma min, nunca lera un teatro.

Sen comentarios