ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/12

Comedia Bífida

Comentario de Flor Agión


Comedia Bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia




O libro encantoume, está moi ben escrito, con un linguaxe sinxelo, gracioso e actual.
Trata dun xuízo a fala de como os galegos empregamos a nos lingua.
Toca xulgar a deslealdade lingüística: “Os que no defenden o galego no merecen ser galegos”.
A través dos personaxes, vanse plantexando distintas situacións coas que todos encontrámonos a diario, como quen fala en castelán e queren que os seus fillos tamén o fagan; outro que sempre fala o galego, aínda que pense que “ non é útil máis alá de Pedrafita”; xente que o fala segundo a cidade onde viva ou que simplemento o fala segundo a ocasión.
O autor, ao usar a palabra “bífida”, quere facernos reflexionar sobre as dúas partes do uso do galego, os argumentos que usan cada parte para defender a súa postura e que se ben todos temos a liberdade de optar por una cousa ou outra, non por iso debemos perder a nosa identidade, o legado cultural que herdamos e que somos nós, a nosa xeración, a encargada de loitar porque nada disto se perda.
Por iso, como di o autor: “ Hai algo máis triste ca una persoa que se nega a ser o que é e que pretende ser algo diferentw?”… “ A traizón contra a propia identidade é penosa. Un galego que desprece a súa lingua atenta contra si mesmo, contra a identidade do seu pobo, da súa cultura, do seu ser”.
 

Sen comentarios