ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives





Este excelente libro, segundo o meu perecer, conseguiu concentrar toda a miña atención e poñerme os sentimentos a flor de pel.
Rapidamente me veu esa intriga por saber que pasará na seguinte páxina que sempre espertan os grandes temas. A novela encaixa a perfección co que eu busco nunha lectura. Esta cóntanos unha historia de superación dun xove rapaz non moi sobrado de diñeiro, isto sempre fai que se sinta máis o acontecido no libro. Esta novela é real, característica moi importante para os meus gustos.
Por poñer algún pero poderíase haber continuado un pouco o final pero isto tamén deixa no lector unha tremenda intriga.

Sen comentarios