ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Aroa Espiño González


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives



A miña opinión sobre este libro é boa, porque nos ensina o modo de vida das persoas no deserto, e tamén nos conta a historia dun rapaz con problemas respiratorios. Pareceume interesante e moi complexo debido aos nomes, lugar onde se desenvolve a historia..., pero grazas a iso aprendín de persoas que teñen pouco e con iso sérvelles de moito e son moi felices. O traballo que supón coidar camellos nun lugar onde casi non hai auga, nin alimentos para que estes sobrevivan. Magali, a súa irmá, según nos describe Bachir é a muller perfecta. A súa nai tamén parece moi boa, xa que o coida moi ben. Jamida é o amor de Bachir, é unha rapaza moi fermosa, é a que lle fai compañía moito tempo, viviron moitas aventuras, e se divertiron como nunca. 
O final é moi aberto, e para o meu gusto debería acabar as historias dos personaxes, porque me deixa coa intriga non saber que lles vai pasar no futuro. 
Recomendo este libro a xente que lle guste saber o modo de vida desta xente.

1 comentario:

Andrés Salgueiro dixo...

A min non me gustou porque non é entretido nin engancha e gustoume pola información que aporta