Comentario de Julián Gómez Villamayor
O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives
Paréceme un libro moi triste pero real como a vida mesma, rapaces coma Bachir en campamentos saharauis que non teñen medios para curar as enfermidades.
Eu púxenme na pel de Bachir e pensei que triste sería a vida nunha jaima no derserto sen poder saír á rúa, abafando de calor, con moscas darredor e encima con dor. Cando coñeceu o vello e comezou a axudalo na súa recuperación pensei que acabaría sandando.
O final decepcionoume porque eu tiña a esperanza de que curase. Dende que o vello lle daba ánimos, lía con ansia capítulo a capítulo a ver se se producía a recuperación. Aínda que mellorou, non sei se será de todo. A miña ilusión é que lle sanase o pulmón e fixese vida normal.
Quedei triste.
1 comentario:
A min gustoume pero hai partes nas que aburre e faise tostón, pero ensina que a forza de vontade é o recurso que todo o pode facer posible. Non me gusta o final.
Publicar un comentario