ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de María Framiñán


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives

A min este libro gustoume máis que o anterior que tiven que ler.
Desenvólvese no deserto do Sáhara, nun lugar onde se atopan os refuxiados. 
Unha cousa que non sabía era que os personaxes fosen reais. Conmoveume que o autor quixese escribir este libro para explicar como é a vida dos saharauis nun campamento de refuxiados.
Outra cousa que me sorprendeu foi que deixase o final aberto. Algo que non me gusta. Quero saber se Bachir se cura da súa doenza.
Pareceume entretido, un pouco triste por Bachir.
Gustaríame que tivese unha segunda parte para resolver o final

1 comentario:

Antonio Guimaraes dixo...

Gustoume porque trata dunha rapaza qeu lle axuda a un rapaz a levar mellor o ritmo de vida, pero non me gustou porque é algo triste