ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Patricia Lázara Framinán


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives


Non me gustou este libro, xa que me deu moita pena como un neno como Bachir pode sufrir unhas dores tan fortes, como perde clase, non sabe ler, por culpa da enfermidade.
Jamida paréceme incrible: como pode saber tantas cousas sobre as estrelas tendo quedado cego. É sorprendente como pode saber exactamente o que lle pasa a Bachir a pesar de non velo. Creo que é un verdadeiro espírito de superación, ao igual que Bachir.
Preferiría un libro de aventuras ou de medo. Pero aprendín que aínda que unha persoa sexa cega, non ten por que ser parva, todo o contrario pode ser moi sabia. Non se pode xulgar ás persoas pola primeira aparencia.

1 comentario:

Andrea Fernández Ramos dixo...

É un libro moi raro. Explica como é a vida no deserto do Sahara. Non me gustou nada. Os nomes son moi confusos e hai palabras estrañas. Bachir dáme pena.
Non me gustan este tipo de libros porque parece que estás lendo sempre o mesmo, que a historia pasa nun minuto eterno. En fin, é moi aburrido.