Comentario de Manuel de la Torre
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco
É un libro interesante pero un pouco difícil nalgunhas partes xa que ten anacos
escritos en alemán.
Ao principio producíame sensacións contraditorias porque
cada vez fala unha persoa diferente e polo medio aparecen os avisos megafónicos
en alemán e perdinme un pouco.
O tema basábase nun emigrante en Europa no ano 1968 que vai a Alemaña pero
non consegue integrarse. Nas vacacións de verán volve ao seu lugar e cando vai
volver outra vez para Alemaña, non o deixan levar a cría dun porquiño. Esataba
sometido a unha gran presión, o que fai que ao final, teña que matar a Rosiña.
Gustoume o libro e recoméndollo á xente que lle gustan as obras teatrais,
esta é moi interesante.
1 comentario:
Foi moi difícil entendelo, mais a medida que ía achegándome á metade do libro fóiseme facendo mais fácil entendelo. Só podo dicir que a historia non me agradou, xa que non é o xenero de libro que leo.
Publicar un comentario