Comentario de Marina Miguélez
Makinaria
Carlos Negro
Xerais
Eu penso que ese libro ten un grande significado e non só para os
adolescentes que parece que só pensamos no sexo, alcohol e andar ao tolo nos
coches. Tamén para todas as personas que cada día perden a vida nas estradas.
Neste caso dáse a irresponsabilidade dalgúns de ir no coche borrachos ou con
outras substancias pensando en sabe Deus que e acaba no peor sitio: o
cemiterio. Iso é moi doloroso tamén para os amigos, a familia, todos o que o querían,
pero neses momentos a "diversión" pode e parece que é o
único que nos importa.
Só espero que algún día cousas como esta sirvan de
axuda para que a xente se relaxe e non faga tan parvadas que, ao fin e o cabo,
a vida son dous días e hai que vivila ó máximo pero sempre con sentidiño.
Gustoume moito o libro a verdade e en forma de poesía quedou moito máis bonito.
Sen comentarios
Publicar un comentario