Comentario de Esperanza Rodríguez Caramés
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco
Este libro non me gustou nada. Non entendo que o protagonista do libro,
Sebas, durante toda a historia, estea falando coa porca, Rosiña.
O que menos me gustou do libro foi que só falara con animais, con bonecas ou mesmo el só. Teríame gustado que interviñesen máis personaxes ou que a historia se desenvolvese en diversos espazos e non sempre no mesmo.
Tampouco lle atopei moito sentido cando o Sebas na metade da historia di que ten pouca comida e en lugar de comela el, dálla a porca ; ou cando só lle queda unha botella de viño e malgástaa bautizando a Rosiña.
O libro pareceume un tanto difícil de ler; tampouco entendín a finalidade do libro. E outra cousa que tampouco me gustou, foi o final do libro, foi moi breve e tamén algo triste.

Sen comentarios
Publicar un comentario