ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Eva López Troitiño


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais

Ao principio vía un libro moi groso para ler e aterrábame a idea de empezalo. Cando por fin me decidín e lin o primeiro capítulo non comprendía nada, que facía o cofre agochado nesa cova, por que Simón era o herdeiro desa combinación de letras. Non comprendía tanto misterio, sentíame igual ca Simón, quería saber o final desa historia xa!
Seguín lendo; enganchoume tanto que non era capaz de parar. Era moi misterioso todo aquilo e quería chegar ao final.
Desde o primeiro momento xa imaxinaba a relación de Simón e Mariña, pero nunca chegara a pensar onde estaría o tesouro agochado.
Encantoume, pero para o meu gusto fai moitas descricións e as primeiras páxinas son algo aburridas, pero ao adentrarse resulta ameno e aburrido.

Sen comentarios