Comentario de María Rey
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Este libro
non me deixou durmir até rematar a última letra da derradeira páxina.
Hei de
confesar que tiven grandes expectativas dende que, ao rematar de ler a primeira
páxina, me esvararon un par de lágrimas polas meixelas, e, baixo o meu punto de
vista, a iso da metade do libro, decepcionoume un pouco, xa que se me fixo un
tanto aburrido todas aquelas historias en paralelo, demasiado longas para o meu
gusto; pero pouco a pouco, volvín a esa intriga inicial, aínda non terminara un
capítulo e xa estaba desexando saber o que ocorrera no seguinte.
Dende o
primeiro momento, souben que a sensibilidade que tiña o autor, o modo que tiña
de expresar as emocións dos personaxes, me ía cativar, e aínda que a historia
me gustou moito, creo que me gustou máis iso, como logra narrar os sentimentos
de cada personaxe, como é capaz de lle dar maxia a cada intre.
En
definitiva, é un libro que me gustou moito, capaz de poñerme as emocións a flor
de pel sen tan sequera pretendelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario