ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Ánxela Llinares

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Pedro Feijóo fixo un moi bo traballo neste libro xa que soubo xuntar dúas historias cunha relación moi clara pero en distintas épocas. Transmitiunas moi ben todo o que tivo que sufrir a xente na época franquista e que coa loita de algúns salváronse moitas vidas. Tamén nos reflicte a importancia do fascismo alemá e a moita avaricia que chega a ter o ser humano, xa que sempre queremos conseguir poder sen importar a maneira.
Nalgunha parte habían demasiados datos polo que a lectura facíase algo pesada, pero como xurdían novas cousas constantemente, a acción quitáballe densidade ó asunto. Paréceme que soubo conducir moi ben a intriga xa que nada era o que te esperabas, exceptuando a relación dos protagonistas e que se farían co ouro, e iso fai que o libro enganche. A aparición de novos personaxes dálle xogo á novela. Exceptuando as partes nas que había un exceso de información, o libro gustoume.
 

Sen comentarios