Comentario de Lucrecia Balagué Blanco
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
O libro gustoume moito, xa
que é moi intrigante, porque cando acabas de ler un capítulo, impide deixar de
ler. Pasan cousas moi intrigantes no seguinte capítulo.
Este libro deixa moito a imaxinación porque, se lestes
o libro, nos últimos capítulos, cando chega a policía a investigar a Mónica, a
Hadrián e a todos os da clase, pensas que os van a pillar, porque llo dixo todo un abusón do seu colexio; despois, cando
foron investigar á Igrexa de San Pedro, inspeccionaron a capela, onde estaba a
palanca para abrir o túnel segredo, pensei que ían descubrir a túnel e cachar os dous rapaces. O que non me imaxinei é que Don Xurxo puidera roubar as moedas
da limosna da xente.
Cando entraron ao pasadizo, no me dei conta de todo o que
lles puidera pasar, de todos os camiños e portas que tiveran que atravesar, era
como un labirinto sen saída. Despois de encontrar a Poza da Moura, quedei
abraiada.
Por último, no capítulo final no cheguei a caer da conta
do final, no que Hadrián convértese no Dragal, xa que normalmente en todas as
películas, contos, obras, etc. O final sempre e o de mesmo, neste conto non, e
incrible !.
Na miña opinión deume moita pena a norte do pai de Hadrián
por intentar salvalo, os abusos no colexio e todo o que tivo que sufrir. Por
outra parte, pensei que Mónica e Hadrián acabarían sendo mozos, aínda que a min
paréceme que Mónica gustaba del.
Sen comentarios
Publicar un comentario