Comentario de Martín
Villar Gil
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Na miña
opinión,Dragal non foi un libro que me gustase moito, pero tampouco me
decepcionou; o fallo non foi da autora, senón do meu pouco interese ao lelo.
O que menos
me gustou do libro é que na hora de describir os personaxes, a autora puido
describilos mellor e que na parte do bico, non volven a falar xa del. Tamén, por
outra parte, o que máis me gustou a min foi no momento que pensaba que
tiña alucinacións co medallón, porque cría que os dragóns do medallón se movían
e iso levaralle a investigar coa axuda de Mónica e o cura; pero, no principio
cando Hadrián, un neno da nosa idade, protagonista deste libro, tense que mudar
pola misteriosa morte de seu pai e no medio das cousas e obxectos da mudanza, a
súa nai dálle o medallón que lle vai levar a saber quen era seu pai e a súa
nai; esa parte non me gusta moito.
En
resumo, teño que admitir que os libros de fantasía non me gustan moito pero a
parte das catacumbas e o final do libro encantáronme,e incitan moito a
comprarse a segunda parte.
Sen comentarios
Publicar un comentario