Comentario de Patricia
Lázara Framiñán
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Este libro
gustoume moito, estou desexando ler a segunda parte. Ao principio, cando vin a
portada, pensei que non me gustaría, pero a verdade é que me encantou, ademais é
moi enganchadizo.
De Hadrián,
admiro moito a súa coraxe e o ben que lle oculta o medo a Mónica, como nas
catacumbas a primeira vez que baixan ou o día que quedan encerrados, o día
definitivo, no que Hadrián se converte en dragón por primeira vez, ou o feito de
converterse en dragón que non lle dá medo,...
De Mónica
impresionoume moito que axudase a Hadrián a resolver o gran misterio. Tamén me
impresionou o forte que é deixando ao seu amigo converterse en dragón.
Do párroco
de San Pedro, don Xurxo, o feito de aturar tantos anos sen desvelarlle o gran
segredo a ninguén e de esperar impaciente a un elixido que non sabía que ía
ser... É sorprendente.
De Brais,
ben, penso que non ten remedio, aínda que este libro non conta o que lle pasou
ó final, creo que recibe o seu merecido.
Esperarei ó
seguinte libro para resolver algunhas dúbidas que teño e sobre todo, para saber
o que acontece con Hadrián!
Sen comentarios
Publicar un comentario