Comentario de Alberto
García Fernández
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Creo que é un libro moi bonito e entretido,
dende o principio enganchoume moito, e ao paso que lía quedaba
con gañas de máis. Cada capítulo é máis interesante ca o
anterior, e hai certa intriga ao final de cada un.
Ó ler o principio tiven un sentimento de mágoa
pola morte do pai de Hadrián, pola súa nai que o tiña que coidar e
pola mudanza. Hadrián tivo que deixar atrás todo o que tiña, e aos seus
amigos.
A historia do dragón fascinoume e sentíame
intrigado, alegre etc. A igrexa de San Pedro, Mónica, Don Xurxo e o que
acontecía no colexio fíxome ter unha mestura de sentimentos.
En xeral o libro gustoume moito, e dende que o
lin converteuse ao instante nun dos meus preferidos. Pero o que
non me esperaba era o final, quedei pampo e anoxado con el, aínda
así gústame de todos
modos.
Gustaríame ler outro deste tipo e continuar co
seguinte de Dragal.
Recoméndollo a calquera, é un bo libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario